domingo, 27 de febrero de 2022

SEMANA DO ENTROIDO

 Toda a semana do 21 ó 25 de febreiro, celebramos o entroido no centro cumprindo as ordes do Meco.

O venres 25, celebramos o desfile, que disfrutamos xuntos, toda a comunidade educativa. 

A temática do desfile, foron os anos 70. Infantil, centrámonos nos debuxos animados, e 4º de infantil, en concreto, na familia Telerín.





















DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro, foi o Día de Rosalía, e celebrámolo:

-Decorando entre todo o centro, un retrato de Rosalía, con flores.

-Aprendendo unha estrofa do poema de Rosalía: " Adíos rios, adíos fontes".

-Asistindo, a unha celebración músical, con tod@s @s compañeir@s, no patio do centro.








domingo, 20 de febrero de 2022

CHEGADA DO MECO

 O venres 18 de febreiro, chegou o Meco ó cole, para dar comezo o Entroido, e dicirnos,  como  temos que vestirnos na semana do Entroido.





SEMANA DO AMOR E AMIZADE

 A semana do 14 de febreiro, celebramos a semana do amor e a amizade, a través dos nosos sentidos, coa música e a pintura. 

Os nosos corazóns, latiron coa música, e expresáronse a través da pintura.